Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Igualdade organiza un curso de nutrición para mulleres

RR_Noticias

O Concello de Redondela, a través do Centro de información ás mulleres, ten previsto poñer en marcha un servizo de atención e educación nutricional. Unha actividade cofinanciada coa entidade La Caixa que achega 3.000 euros a través dun convenio que busca “corrixir as carencias básicas no ámbito da saúde alimentaria”.  Información no CIM ou no teléfono 986 408043

Explican dende a Concellería da Muller que a mellora dos hábitos alimentarios en mulleres con determinadas condicións ou con patoloxías concretas ,así como familias con recursos limitados e persoas que manteñen hábitos desaconsellados á hora de alimentarse, é unha forma de mellorar a saúde xeral destas persoas e promover un estilo de vida máis saudable e de calidade, á vez que se traballa dende este enfoque da integración social.
A atención será coordinada desde o CIM e prestarase especial atención a aqueles casos que se deriven dende servizos sociais así como a través dos servizos profesionais dos centros educativos.
O programa poderase en marcha de xeito piloto durante catro meses co obxectivo de corrixir as carencias básicas no ámbito da saúde alimentaria dos participantes e tratará de chegar aló menos de 50 familias.
A persoa encargada do servizos atenderá 8 horas semanais repartidas en dous días. Cada usuario do novo servizo será avaliado inicialmente e ao finalizar, para valorar a idoneidade de darlle continuidade máis aló do período piloto.
Engaden dende a Concellería que a proposta foi debatida e aprobada polo Consello da Muller.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará