Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A ANPA do Colexio Igrexa necesita 400 euros para manter o comedor escolar ata final de curso

RR_Noticias

Na xornada de hoxe organizan un mercadiño solidario para obter fondos e poder así garantir o funcionamento do comedor escolar neste último trimestre. O mercadiño celébrase nas instalacións do centro educativo e consiste na venda de libros que foron cedidos pola biblioteca, os mestre e doazóns particulares de pais e nais que colaboran así tamén desta iniciativa.

O comedor deste centro atende a un total de 18 nenos e supón un servizo importante para os pais e nais que buscan así conciliar vida laboral e familiar. Os comedores dalgúns centros están xestionados directamente pola Xunta, pero noutros casos é a Asociación de Nais e pais quen asume a súa xestión. Ese é o caso do Colexio Igrexa. As axudas que reciben da administración non son dabondo para manter os económico prezos que ofertan e, co obxectivo de non ter que incrementar os prezos as familias, tiran de imaxinación na procura de fondos. Así, decidiron organizar hoxe un mercadiño solidario. Logo de facerse cunha importante cantidade de libros (cedidos polas bibliotecas, profesores e familias) poderán adquirirse esees exemplares ata as seis da tarde nas instalacións do Centro educativo. No caso de que a experiencia resulte satisfactoria non descartan facer novas convocatorias.  

Lorena Santervas Anpa Igrexa
precisan de 400 euros para garantir os prezos e o comedor ata final de curso
Mercadiño
Venda de libros a prezos económicos para recadar cartos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará