Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP descarta a proposta de AER para investir o superávit en recuperar as Telleiras e o río Pugariño

RR_Noticias

A Agrupación de Electores lanzou unha batería de propostas con cargo ao remanente de 1,6 millóns de euros do concello. Entre as posibles actuacións nas que investir eses cartos a formación propuña recuperar As Telleiras e tamén posta en valor, mellora, acondicionamento e actuación respectuosa na ruta dos muíños do Río Pugariño. Dende o PP rexeitan esas propostas xa que entenden que por lei eses investimentos non poden ser incluídos no remanente “para empezar porque non hai dispoñibilidade dos terreos”.

O remanente do concello ascendeu a 1,6 millóns de euros. Unha cantidade nada desprezable cuxo destino está aínda por definir. Os primeiros en facer pública a súa proposta para investir este superávit da administración local foi AER. En base “as demandas e necesidades veciñais” AER trasladou ao goberno local actuacións diversas como a rehabilitación de As Telleiras, mellora integral do paseo da punta de Cesantes,  supresión de Barreiras Arquitectónicas e de Accesibilidade, obras de eficiencia enerxética en edificios públicos municipais, elaboración dun Plan de mobilidade interparroquial e intraparroquial, elaboración do Plan Municipal de Xestión do Patrimonio e realización dalgunha das fases de actuación para a posta en valor, sinalización e mesmo intervencións para rehabilitación de elementos, creación de local compartido para asociacións aproveitando a recente cesión da antiga Casa do Mar, posta en valor, mellora, acondicionamento e actuación respectuosa na ruta dos muíños do Río Pugariño, creación de aparcadoiro disuasorio en Redondela, Chapela e no entorno da praia de Cesantes, creación pista de atletismo, actuacións de mellora das escolas unitarias do concello ou a reforma Campo de fútbol do Viso.
Dende o PP responden a esas propostas afirmando que non son viables entre outras cuestións porque algunhas desas actuacións precisan de terreos particulares que non están dispoñibles. Aseguran tamén que outros dos investimentos previstos pro AER como a eficiencia enerxética ou a accesibilidade “vanse executar con cargo a Fondos Europeos”.
Os populares avogan por outras actuación a instalación dunha casa da cultura para Quintela, a adaptación do colexio de Trasmañó para uso veciñal e a construcción dun parque infantil con skate park na parroquia de Ventosela, a humanización da Pantalla en Cesantes ou a ampliación do Camiño do Casal en Saxamonde.
Si hai coincidencia nunha das actuacións defendidas por ambos os dous partidos: a mellora do campo de fútbol do Viso.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará