Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco despídese da fase de ascenso

RR_Noticias

O equipo de Marcos Montes ve afastarse as opcións logo da derrota no campo do Laracha. Na Terceira Autonómica a derrota do Chapela e a vitoria do Atl. Vilar deixa aos dous equipos na loita polo ascenso directo na útlima xornada de liga que se disputará o domingo.

Terceira División

Laracha 2-0 Choco
O equipo redondelán desprazouse ata o Municipal de Laracha coa permanencia xa resolta, e co obxectivo de non perder todas as opcións de meterse entre os catro primeiros e xogar así a fase de ascenso. Pero esta posibilidade desapareceu ao impoñerse con claridade os anfitrións. A derrota deixa aos de Marcos Montes quedan en terra de ninguén para afrontar as catro xornadas que restan de liga. Teñen a permanencia garantida, e aínda que matematicamente é posible alcanzar a cuarta praza, na realidade o obxectivo depende dunha carambola moi pouco probable. O encontro no campo do Laracha rematou cun 2-0, no que os goles se fixeron de rogar. Na primeira metade do partido houbo varias ocasións, pero houbo que agardar case ao descanso para que o rpimeiro tanto subise ao marcador, obra de David. Xa no segundo tempo os locais quixeron asegurar o partido, e nunha boa xogada o ariete Iago Novo ampliou a renda. A partir de aí, o Choco tratou de dominar e foi a buscar o gol adiantando as liñas, pero creo escaso perigo na meta de Chema. O domingo o Choco recibe en Santa Mariña ao Vilalbés, 3º do grupo.
Segunda Autonómica

Choco B 2-3 Vincios
O filial, na metade da táboa, viuse superado polo Vincios, que busca garantir a permanencia. Na próxima xornada o Choco B visita o campo da Guía, 2º do grupo.
Arcade 0-1 A Lama
Outra das sorpresas da xornada foi a derrota no Salgueirón do Arcade. A Lama defendeuse ben e tivo no seu porteiro Kitos o seu mellor home. Os locais tiveron ata dous tiros ao pau, pero Chota, aproveitando un fallo defensivo, fixo o tanto da vitoria ao final. Con todo, o Arcade mantén o seu posto de ascenso directo, pero só cun punto de marxe sobre o Moraña. O domingo visitan o campo do Vilaboa, 7º do grupo.
Terceira Autonómica

Chapela 1-2 Peñasco
A derrota do Chapela pon moi interesante a última xornada, xa que ata tres equipos pelexarán polo ascenso directo. O Chapela visita o campo do Lavadores e só lle vale gañar. O Chapela é 2º o s vigueses 3º, pero empatados a puntos. O gañador ascende directamente a Segunda Autonómica, e o perdedor xogará a fase. No caso de empate podería beneficiarse o Vilar, que está a 1 punto deles. Domingo ás 17.00 horas.
Matamá 0-5 Atl. Vilar
Importante triunfo do Vilar ante un rival directo. Os anfitrións non estiveron acertados de cara ao gol, pero si os de Redondela, que foron moi efectivos e asinaron un gran partido. Na próxima xornada disputan o últiimo partido de liga cun derbi local na casa ante o Peña Beretes. O Vilar buscará un triunfo, porque en caso de empate no partido do Chapela, serían eles os que gañarían a segunda praza. Domingo ás 16.00 horas.
Beretes 0-3 Lavadores

Pena Beretes-Lavadores 0-3
Aitor adiantou ao Lavadopres nos primeiros minutos de partido, desde o punto de penalti. Joaquín fixo o segundo, aínda na primea metade. Ruiz sentenciou nos últimos minutos de xogo. O resultado mantén ao Lavadores na loita polo ascenso directo, e deixa ao Beretes Chapela afundido.
Cesantes 1-1 Bueu
Reparto de puntos na Gándara no último partido de liga, un resultado que xa non influría na parte alta da táboa, co Bueu ascendido xa directamente e o Cesantes en fase de ascenso, na que pelexará por subir a Segunda Autonómica.
FÚTBOL SALA

Terceira División

Vilalba 10-4 Campito
A derrota deixa ao Campito na 10ª praza do grupo, pero asentado na permanencia. Na proxima xornada reciben ao Estrada, 2º na táboa, que busca a fase de ascenso.
Rececende 1-3 Pazos
O Pazos recupera a 3ª posición logo do triunfo no pavillón do Rececende. O sábado reciben en Pazos ao Santiago FutSal B, da tarde baixa da táboa.
Preferente Sur

Redondela 9-3 Os do Val
O Redondela segue con paso firme afianzando a permanencia. Nesta ocasión impúxose sen problemas a un rival situado en postos de descenso. O sábado xobará no pavillón do Cesures, o pechacancelas do grupo.
Arealonga 7-4 Quinta de Tui
O fixo os deberes e e acadou unha importantísima vitoria ante un dos rivais da parte alta da táboa. Agora están a un punto da salvación. O sábado xogarán no pavillón do Valladares, equipo da metade baixa da táboa, pero que suma 13 puntos máis que os de Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará