Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Espectáculo sensorial para bebés no Multiúsos

RR_Noticias

O servizo de Normalización Lingüística organiza o venres 27 as 17:00 e as 18:30 horas unha nova actividade enmarcada no programa “Venres Cativos”. Nesta ocasión os destinatarios son os máis pequenos, nenos de 0 a 3 anos de idade que poderán participar dunha “Alfombra máxica” para experimentar con todos os sentidos. A inscrición está aberta no teléfono 986 400300 ou no enderezo normalizacion@redondela.gal

“A alfombra máxica” é un lugar de libre experimentación, unha alfombra táctil, sonora e olfactiva onde a artista plástica convida aos máis pequenos a mergullarse nunha viaxe sensorial. Xuntos descobren o pracer de apalpar, manipular, escoitar, ver, saborear…
Unha invitación a xogar e experimentar con todo o corpo.
Monicreques, música e outras sorpresas viaxarán cos máis pequenos e cos seus acompañantes adultos por un mundo de emocións e sensacións.
O espectáculo está pensado para crianzas entre 0 e 3 anos, e enmárcase dentro do proxecto municipal “Venres Cativos”.
O vindeiro venres 27 en duas sesións, ás 17:00 e ás 18:30 horas, con inscrición previa no teléfono 986400300 (Departamento de Normalización Lingüística) ou no mail normalizacion@redondela.gal , ata o 26 de abril.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará