Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alarma en Chapela polos roubos e o vandalismo

RR_Noticias

Roubos, actos vandálicos contra os coches que están estacionados na rúa e pintadas en edificios públicos. Son situacións ás que se enfrontan os veciños da parroquia de Chapela en demasiadas ocasións. Denuncian que se senten “abandonados” e que hai “pouca vixilancia policial na parroquia”, o que xunto a falta de iluminación pública facilita a actividade dos vándalos.

Entre os veciños existe preocupación, sobre todo logo da vaga de roubos que afectou a varios negocios de hostalaría e tamén a varias vivendas na zona de Cidadelle e San Vicente de Trasmañó. Veciños como Natividad están “moi preocupados”, xa que nalgúns casos os ladróns non só roubaron, senónq ue tamén actuaron con violencia causando destrozos. Para esta veciña os propietarios viven unha situación de auténtica indenfensión, e piden máis presenza policial “para sentirse seguros”. Así o entende tamén Daniel, que rexenta unha cafetería na zona. Advirte que sobre todo os domingos, cando case non hai actividade na zona, prodúcense máis roubos, o que xenera alarma. O Bar A Esmorga foi unha dos establecementos que sufriu roubos nos últimos días. Hai unha semana a súa propetaria se econtró coa desagradable sorpresa ao abrir o establecemento, na avenida de Redondela. Foi un roubo aparatoso, xa que os ladróns utilizaron o método do butrón desde un edificio anexo. Traspasaron dúas paredes ata chegar ao local, pero ningún veciño se decatou. Unha vez dentro esnaquizaron a caixa rexistradora. levaron diñeiro en efectivo e varias botellas. En total case 2.000 euros nun roubo que debeu ser “moi rápido”. E non é o único caso, xa que se teñen producido gran cantidade de roubos, tanto en casas como en negocios. No restaurante Casa Conchita, situado na fronteira entre Teis e Chapela, sufriron quince asaltos en pouco máis de tres meses. Na taberna O Xe, situado á beira, os ladróns entraron hai dúas semanas. Tamén se produciron roubos no local Eiki, no superpermercado e noutros negocios da zona. A falta de presenza policial e a escasa iluminación preocupan a Isabel, que agora sinte “medo” cando acode a abrir o seu local polas mañás. Igual que outros veciños pensa que a falta de iluminación pública nas principais rúas de Chapela axuda a que os vándalos actúen “impunemente” e que non haxa testemuñas que os poidan delatar. Nos últimos días máis dunha vintena de vehículos sufriron roturas de cristais, roubos, raiazos na carrozaría e picadas dos pneumáticos, como denuncia Jorge, quen lamenta que “xa non se pode deixar o coche na rúa”. A asociación de veciños de Chapela comparte esta preocupación, e levan meses denunciando a situación ante o Concello. Solicitan que se instalen cámaras de seguridade nos puntos máis conflitivos da parroquia e que se manteña toda a iluminación pública prendida pola noite. A pasada semana mantiveron unha xuntanza con responsables da Policía Nacional, que se confirmaron a detención dunha banda de albaneses que cometeran roubos en varias casas de Chapela e Trasmañó, así cono noutros municipios da comarca. O portavoz policial recoñeceu aos veciños a súa preocupación polo aumento dos actos delituosos nos últimos meses, tanto en vivendas como en barcos e establecementos comerciais de Chapela. Nestes casos, a policía recoñeceu que se trata de delincuentes coñecidos da parroquia “pero sen probas non os poden deter”. O portavoz policial comprometeuse a estudar a posibilidade de aumentar a presenza policial na zona, malia que advertiu que “dispoñen de poucos efectivos no municipio”. En canto á instalación de cámaras de vixilancia é o Concello quen ten que solicitar permiso á subdelegación do Goberno. Do mesmo xeito é competencia municipal a mellora na iluminación pública da parroquia.

Isabel propietaria de A Esmorga
Hai unha semana roubaron no seu bar co método do butrón.
Numerosos roubos
Nos últimos meses houbo moitos roubos en locais e tamén casas particulares.
Natividad veciña de Trasmañó
En Trasmañó houbo unha vaga de roubos que afectou a varias vivendas.
Escasa presenza policial
Daniel advirte que hai moi pouco presenza policial e rexístranse demasidos roubos e actos vandálicos.
Vandalismo
Jorge lamenta que xa non poidan deixar os coches na rúa porque aparecen con raiazos cristais rotos ou rodas picadas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará