Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR loita pola permanencia

RR_Noticias

Importante vitoria para a SAR Plastic Omnium ao facerse cos puntos en xogo no partido disputado en Redondela ante o Oar Couruña. Puntos imprescindibles para seguir optando á salvación na Primeira nacional masculina. 26-17 foi o resultado do partido que malia darlle algo de osíxeno aínda mantén ao equipo nos últimos postos da táboa. Pola súa banda, o Chapela mantense na quinta praza logo do empate a 27 goles co Lalín.

Son penúltimos e sitúanse a dous puntos do Calmear Rasoeiro o seu máximo rival na loita pola salvación. Na vindeira xornada non o terán doado, xogan fóra da  cas e fano cun dos fortes do grupo, o  Calvo Xiria, segundo clasificado.
O Rodosa Chapela lograba o empate na súa visita ao campo do Lalín. 27-27 foi o resultado do encontro que deixa ao Rodosa Chapela na quinta praza, con boas sensacións apra o partido da vindeira fin de semana no pavillón da parroquia ante o Bueu, sexto clasificado.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará