Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Récord de participación no Artelixo con 68 obras

RR_Noticias

Un ano máis Redondela converterase durante toda a semana, do 14 ao 21 de abril, nun gran museo ao aire libre cun total de 68 pezas elaboradas a partir de material de refugallo. Unha proposta creativa, artística e reivindicativa que arranca este sábado co acto inaugural en Chapela a partir das 17:00 horas no paseo de Cardona con obradoiros para os nenos e actividades literarias e musicais. Haberá tamén iniciativas alternativas e novidosas como a “Arte non ten cancelas” a cargo de Kiko Amoedo quen se encargará de pintar portas e portelos da vila para darlles unha nova imaxe que perdure no tempo.

Regresa o Artelixo e faino con forza na que é a súa décima edición. A participación supera este ano as expectativas e finalmente serán 68 as obras elaboradas con material de refugallo que se poderán ver durante toda a semana nas rúas da vila. Como novidade tamén se amplía o espazo expositivo a Chapela, concretamente ao paseo de Cardona. Importante participación dos colexios, que ben a través das súas Anpas ou mestres quixéronse sumar a unha iniciativa que ten un marcado carácter pedagóxico: ensinarlle a grandes e cativos o elevado volume de refugallos que producimos no noso día a día, a necesidade de actuar cara diminuír esa cantidade de lixo así como reciclalo e reutilizalo. Un lixo que se transforma en arte e que permanecerá exposto en prazas, rúas e tamén escaparates ata o vindeiro 21 de abril. O acto inaugural será este mesmo sábado a partir das 17:00 horas no paseo de Cardona cun obradoiro de cabezudos orientado aos nenos. A continuación o escritor Anxo Fariña presentará o libro “Os megatoxos e a batalla de Rande” e haberá animación a cargo da escola de música de Chapela. Unha das novidades desta edición é a sección “o arte non ten cancelas” a cargo de Kiko Amoedo quen pintará un portal na Avenida Ernestina Otero co obxecto de que o festival deixe tamén a súa pegada na rúa.  

Olga Nogueira Artelixo
preto de 70 obras
Inauguración
No paseo de Cardona en Chapela
O arte non ten cancelas
Unha novidades desta X edición

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará