Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER critica a falta de accesibilidade no edificio de Servizos Sociais

RR_Noticias

A Agrupación de Electores explica que a “Oficina de Atención a la Discapacidad” (OADIS), dependende do “Consejo Nacional de la Discapacidad”, remitiu xa un informe ao Concello no que lle recorda que “os edificios municipais de titularidade pública destinados a un uso público, como é un edificio no que se prestan servizos sociais, deben cumprir as condicións técnicas de accesibilidade nos prazos indicados”.

Esta documentación viu como resposta a sendas denuncias de usuarios de Servizos Sociais de Redondela polas deficiencias en accesibilidade no seu actual edificio, que tamén é coñecido como o “antigo conservatorio”. Desas denuncias, a Oficina de Atención a la Discapacidad (OADIS) concluíu xa no ano 2016 a obrigatoriedade de que tódolos edificios públicos cumpran cos requisitos técnicos de accesibilidade dende o pasado mes de decembro.
Sendo consciente esta Agrupación de que Servizos Sociais se vai trasladar en data non determinada a unhas instalación máis novas e modernas, esta non pode ser a escusa de que se leven anos sen adecuar a accesibilidade destas instalacións e que se continúe nesta situación ata o traslado definitivo do departamento, padecendo esta situación tanto usuarios como usuarias deste servizo público.
“Para o goberno local do partido popular a accesibilidade e a discapacidade seguen sendo materias pendentes, secundarias e que por desgraza, seguen quedando no esquecemento da súa acción política” conclúe a formación asemblearia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará