Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Roteiro polos muiños do Río Fondón

RR_Noticias

A Concellería de Cultura organiza este domingo un novo roteiro para coñecer o Patrimonio cultural e paisaxístico de Redondela, cunha visita ós muiños do río Fondón na parroquia de Trasmañó. Unha actividade de balde que contará coas explicacións do arqueólogo Xurxo Constela. Non é necesaria prescrición, só aparecer ás 10:00 horas do domingo 8 de abril na Mámoa do Rei.

Como sempre, nestes roteiros, ademais de coñecer todo o valor dos restos e xacementos que están alí localizados, sexan ou non visibles, percórrense áreas de gran interese natural e riqueza paisaxística. Constela será o encargado de trasladar aos participantes os detalles máis significativos da zona, toponimia, accidentes xeográficos e por suposto encadre histórico dos mesmos.
O roteiro é gratuíto e sen preinscrición, e consiste nun percorrido de tan só 4 kilómetros. Recoméndase levar roupa cómoda para unha xornada no monte, e especialmente calzado para camiñar e ao que non lle entre a auga xa que debido ás choivas dos últimos días o terreo está enchoupado e esvaradío. Tamén levar unha pequena mochila con hidratación e roupa impermeable por se fose necesario. Está aberto a todas as idades.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará