Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Semana Santa tira do emprego tamén en Redondela

RR_Noticias

O paro cae en toda a bisbarra, con 56 parados menos en Redondela e unha caída xeneralizada que afecta tamén a Soutomaior (-19), Pazos de Borbén (-13) e Fornelos de Montes (-5). Habería que remontarse ao mes de xuño do ano pasado para atopar un mes que mellorase os resultados que nos deixa o peche de marzo no que respecta aos datos do desemprego.

O tirón da contratación durante a Semana Santa parece que ten tamén os seus efectos no noso concello e comarca, xa que tal e como constatan os datos feitos públicos pola Consellería de Emprego, Redondela pechou o pasado mes con 1.876 desempregados, o que supón 56 menos que no mes anterior. En Soutomaior a caída foi tamén salientable, con 19 parados menos e un cómputo total de 630 persoas en situación de busca de emprego. No caso de Pazos de Borbén borráronse desta lista 13  persoas, sendo actualmente 321 as inscritas. Finalmente, en Fornelos as estatísticas apunta a que son 168 persoas as que buscan emprego, 5 menos que no mes de febreiro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará