Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charla sobre “O Cristo dos navegantes” a cargo de José Antonio Orge

RR_Noticias

O Concello de Redondela organiza o vindeiro venres ás 18:00 horas na sala de exposicións do Multiusos A Xunqueira unha charla na que se explicará a tradición do Cristo dos Navegantes, afondando na súa orixe e historia. Unha historia que se remonta séculos atrás e será relatada por José Antonio Orge. Un acto que será presentado por membros da confraría do Cristo.

Autor de libros como “Redondela a través do tempo” ou “As illas de San Simón”, Orge será o encargado de afondar nunha celebración con moito arraigo na vila pola súa tradición mariñeira e na que os devotos honran ao Cristo da Agonía, tamén coñecido como Cristo dos Navegantes, nunha longa procesión que percorre o casco urbano durante máis de tres horas.
Xa na xornada festiva do luns en Redondela haberá actividades con marcado carácter relixioso. Arrancan ás 9:45 horas e misa solemne ás 12:00 cantada pola Coral Santiago Apóstolo.
Xa pola tarde ás 19:30 horas celébrase a misa dedicada ao Cristo dos Navegantes . A continuación sairá a procesión que percorrerá as rúas de Redondela acompañada da Banda de Cornetas e Tambores O Cruceiro de Poio e a Banda de Música Municipal de Redondela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará