Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reparto de títulos no Torneo de Semana Santa

RR_Noticias

Bouzas, A Guía, Choco e Val Miñor impuxéronse na final nas categorías de prebenxamín, benxamín, alevín e infantil, respectivamente. O torneo tivo tamén un marcado carácter solidario, xa que se recolleron alimentos para Cáritas e donativos para a Asociación Española contra o Cáncer.

A falta de competición oficial, o campo de fútbol de Santa Mariña estivo esta Semana Santa ateigada por centos de rapaces e as súas familias no marco do torneo Solidario do C.D. Choco. Na categoría prebenxamín gañou o Rápido de Bouzas, nunha final na que se impuxo aos anfitrións do Choco por 3-0. Nos benxamins a final estivo máis igualada convictoria da Guía por 3-2 ante o Beluso. Na categoría alevín o troeo quedou na casa ao impoñerse o Choco ao vianense por cun abultado marcador de 5-0. Na categoría infantil o título foi para o Vl Miñor logo de superar na final ao Victoria por 3-1.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará