Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco medra ante os grandes

RR_Noticias

Os de Marcos Montes superaron a domicilio ao Bergantiños e segue na pelexa polo “play-off” de ascenso. Na Segunda Autonómica empatou o filial e perdeu o Arcade. Na Terceira victorias do Chapela e Atl. Vilar e derrotas para Cesantes e Peña Beretes. No fútbol sala empates para Campito e Redondela, mentres Pazos e Arealonga perderon.

Terceira División

Bergantiños 1-2 Choco
Os de Marcos Montes crécense ante os rivais máis duros, e onte en Carballo amosaron a súa mellor cara. O Choco superou ao segundo clasificado a domicilio cun excelente traballo, e foron os primeiros en gañar nas Eiroas despois de seis meses. Ademais, é a segunda vitoria consecutiva da escuadra choqueira, que acumula cinco xornadas consecutivas sen perder e que se é capaz de gañar o seu partido aprazado contra o Villalonga o próximo 4 de abril, meterase a sete puntos do “play-off” de ascenso. Escobar tivo a primeira ocasión que culminou con éxito para adiantar no marcador ao Choco. Chiqui e Comis puideron ampliar a vantaxe pero finalmente foi Baleato o que empatou á saída dun córner. O Choco non acusou o golpe e proseguiu coa seu fútbol. Escobar avisou e Javi marcou a centro de Gabi Misa. O Bergantiños deu un paso á fronte para buscar a igualada, pero o Choco defendeuse moi ben e salvou os tres puntos. A victoria deixa aos de Marcos Montes na 10ª posición da táboa. Na próxima xornada volven xogar fóra, no campo do Silva, que 8º, con dous puntos máis que os redondeláns.
Bergantiños: Christopher; Toni (Borja Facal, min. 70), Baleato, Josito (Iago Garrido, min. 84), Rubén (Richi, min. 86); Granada, Antas; Rodri, Jorge Sáez, Iago Branco; e Rubén Rivera.
Choco: Cortegoso; Yago, Javi, Rubén, Xián; Alberto Suárez, Gabi Misa; Rícar (Vilas, min. 76), Comis (Caloi, min. 66), Chiqui (Marquitos, min. 72); e Escobar.
Goles: 0-1, min. 28: Escobar; 1-1, min. 67: Baleato; 1-2, min. 74: Javi.
Segunda Autonómica

Caldelas 1-1 Choco B
Partido moi disputado entre dous dos aspirantes ao ascenso a Primeira. Chiste e Héctor tiveron as mellores ocasións do partido, por parte local. A mellor do Choco B foi un tiro ao pau. Ao final, dous puntos que se lle escaparon ao Caldelas, que o situarían en ascenso directo, tras a derrota da Guía.
Caldas 3-2 Arcade
Emoción ao máximo nas Corticeiras. O Caldas enfrontábase ao líder, coa necesidade de gañar se quería seguir optando ao ascenso directo. Saíron mellor os caldenses, indo sempre por diante no marcador. Os tantos locais fixéronos Solera, en dúas ocasións, e Abuín. Os visitantes, David e Buján. Malia a derrota, o Arcade mantén o liderado
Terceira Autonómica

Moledo 0-2 Chapela

Coia 4-0 Beretes

Vilar 13-0 Racing Vilariño

Poio 2-0 Cesantes
O Cesantes perdeu a última oportunidade para optar ao ascenso directo ao perder ante o líder, xa ascendido. Kevin e Villa marcaron para os locais.
Soutomaior, tivo xornada de descanso
Fútbol Sala Terceira División
Sala Ourense 5-5 Campito
Os de Chapela anotaron un importante empate en terras ourensás, na casa do líder, e mantén a 10º praza do grupo. Na próxima xornada reciben ao Casas, equipo afundido na parte baixa da táboa.
Estrada Futsal 4-2 Pazos
O Pazos cae á terceira praza logo de perder na Estrada, cos anfitrións agora como segundos. Na próxima xornada os de Pazos recibirán ao Talleres ABC, 6º do grupo.
Autonómica Sur
Quinta de Tui 3-3 Redondela
Verín 5-2 Arealonga Construccións Castro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará