Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela súmase á reciclaxe de roupa cun plan de inserción social para maiores de 45 anos

RR_Noticias

O Concello de Redondela asinou un convenio de colaboración coa asociación Pavegal (Plan veciñal Galego) para instalar no municipio 20 colectores de recollida de roupa usada. O programa ten un fin social, xa que para o tratamento da roupa Pavegal contrata a parados maiores de 45 anos. A asociación tamén impartirá cursos de reciclaxe e igualdade en Redondela.

Como explica Enrique Núñez Garrido, voceiro do colectivo, grazas a este convenio o Concello tamén poderá aforrar cartos na xestión dos seus residuos, xa que non terá que pagar a Sogama polo tratamento da roupa que se recolla. Pavegal encárgase da instalación e mantemento dos colectores e tamén da recollida, clasificación e tratamento da roupa. Algunhas prendas véndense en mercados solidarios ou pasan a un roupeiro do que poden fornecerse os Servizos Sociais dos municipios participantes. A roupa que non pode ser utilizada recíclase para fabricar outros produtos téxtiles. Para os traballos de recollida e tratamento da roupa Pavegal contrata a persoas maiores de 45 anos. Son parados con máis dificultades para acceder ao mundo laboral, e que contan con menos axudas e plans de emprego que os mozos. Desde a asociación tamén organizan cursos de formación e asesoran a emprendedores que queiran poñer en marcha a súa propia empresa. Pavegal é un colectivo sen ánimo de lucro, e todos os beneficios que xenera a recollida de roupa usada van destinados á intervención social e educativa entre colectivos en risco de exclusión e para a promoción da igualdade de oportunidades. O alcalde, Javier Bas, sinala que se trata dun proxecto solidario, e tamán de carácter ambiental “que nace do movemento veciñal”. O convenio non supón ningún gasto para o Concello, que só se compromete a ceder o espazo público onde se instalarán os colectores. Os recipientes comezarán a instalarse despois da Semana Santa en diferentes puntos do municipio seguindo as indicacións dos técnicos.

Enrique Núñez de Pavegal
O voceiro do colectivo explica o convenio.
Plan de inserción social
Núñez Garrido sinala os obxectivos de Pavegal cos seus plans de inserción social.
Javier Bas alcalde
Un proxecto solidario e ambiental que nace da iniciativa veciñal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará