Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

III Carreira de orientación de Redondela

RR_Noticias

As persoas interesadas en participar nesta terceira edición que se celebra o vindeiro domingo día 25 teñen de prazo ata mañá mércores para se inscribir. Deben facelo a través de internet no enderezo https://goo.gl/apvPXG . Unha cita deportiva organizada pola Concellería de Deportes en colaboración coa asociación de montañeiros A Roelo de Pontevedra que esperta o interese de grandes e cativos e que se desenvolverá en horario de mañá. Como novidade desta edición, abandónase o percorrido exclusivamente urbano e os participantes percorrerán a zona da Marisma e o Monte da Telleira.

Os participantes deberán axudarse dun mapa e un compás para atopar os puntos predeterminados pola organización e que estarán sinalizados con balizas.
Unha modalidade deportiva que baixo o lema “primeiro pensa, despois corre” está aberta a todo tipo de públicos e idade. Esta terceira carreira de orientación organizada pola Concellería de deportes e coordinada pola asociación de montañeiros A Roelo de Pontevedra, desenvolverase o domingo 25 e presenta como novidade un percorrido máis extenso e menos urbano que o das dúas edicións anteriores. Os participantes nesta ocasión terán puntos sinaladas na zona da depuradora, nas inmediacións do campo do Choco e na zona das Telleiras.
Para o bo desenvolvemento da proba contarase coa colaboración de Protección Civil e Policía Local.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará