Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bolboreta cumpre un soño inesperado

RR_Noticias

O club de Patinaxe Artística Bolboreta participa esta fin de semana no Campionato de España Grupos-Show xuvenil, en Alacante. Todo un “agasallo” para o grupo redondelán que participaba por primeira vez no Campionato Galego e que conseguiu clasificarse para a proba estatal.

O presidente do club, José Albán, recoñece que foi “unha sorpresa”, e amósase moi orgulloso do traballo das rapazas por alcanzar este “soño” co que non contaban. O venres emprenden viaxe á localidade de Alcoi, en Alacante, onde se celebra a proba os días 23 e 24. Todo un logro para este equipo xa que o nivel en Galicia “é o máis alto” só por detrás de Cataluña, segundo apunta Albán. A coreografía “Corazón negro” xa lles supuxera anteriormente o 4° posto no Trofeo Internacional Latina Grupos Show, e o 1º no Trofeo Internacional Ciudad de Vigo. O presidente do club sinala que os excelentes resultados son froito “do esforzo” das patinadoras, que sacrifican horas de descanso e de ocio para adestrar. Apunta que están “moi unidas” e salienta o excelente traballo da adestradora Ainhoa Dauzón. Albán amosouse agradecido co apoio do concelleiro de Deportes, Julio Mougán, e con outras entidades deportivas de Redondela. Explica que o club de Baloncesto e Casa Paco cédenlles horas nos pavillóns municipais, así poden ampliar os adestramentos cando teñen algunha competición importante. Tamén recoñece o esforzo das familias, nun deporte “moi caro e sacrificado”. De feito son as propias familias as que confeccionan os traxes das competicións. O Club Bolboreta, que naceu en 2004 por iniciativa dun grupo de nais e pais. Nos últimos anos foi medrando, e a día de hoxe conta con 120 nenos e nenas, desde os 3 ata os 17 anos, entre os federados e os alumnos das escolas deportivas nos colexios de Redondela. O grupo que esta fin de semana participa no Campionato de España está formado por Aroa López, Carla Benítez, Iris Rincón, Laura Albán, María Iglesias, Noa Cabaleiro, Sara Darriba, Paula Álvarez, Paula Rivas, Pablo Cerezo e Yaiza Souto.

José Albán presidente do club
Amósase moi orgulloso polo inesperado éxito no Campionato Galego que supuxo a clasificación para o estatal.
Traballo en equipo
Albán salienta o traballo do equipo que sacrifica horas de descanso e ocio para adestrar.
Implicación das familias
O presidente recoñece o esforzo das familias nun deporte moi sacrificado e caro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará