Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio Ambiente elimina sete vertedoiros incontrolados en parroquias de Redondela

RR_Noticias

Cascallos de obra, mobles, electrodomésticos ou penumáticos son algúns dos residuos que teñen aparecido en distintos puntos das parrquias de Redondela en vertedoiros ilegais. Concello e Xunta de Galicia veñen de poñer en marcha un programa para eliminalos e rexenerar os terreos onde se atopan.

A Consellería de Medio Ambiente iniciou hoxe os traballos para eliminar vertedoiros incontrolados en Redondela que afectaban a distintas parroquias. Trátase de puntos de vertidos en Cabeiro, Cedeira, Mamoa do Rei, Trasmañó, na contorna do campo fútbol Chapela, Buraca e Río Frío. O delegado da Xunta, Ignacio López-Chaves, visitou esta mañá o operativo acompañado polo alcalde, Javier Bas, e o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Álvarez. Os puntos de vertidos incontrolados son pequenos focos nos que se teñen ido acumulando residuos de diversa índole. Álvarez explica que se atopan desde electrodomoésticos ata mobiliario, pasando por cascallos de obra ou pneumáticos. Estes refugallos supoñen un prexuízo para o entorno, tanto dende o punto de vista ambiental como estético. Os traballos de acondicionamento, que durarán varios días, consistirán na recollida, clasificación e retirada dos residuos, a rexeneración dos terreos mediante o estendido de terra vexetal e hidrosementeira. Coa limpeza destes vertedoiros a consellería busca “minimizar e corrixir” o impacto orixinado nesas zonas. O edil de Medio Ambiente advirte que a cidadanía está cada vez máis concienciada na correcta xestión dos residuos, malia que aínda hai pequenos empresarios que seguen depositando residuos no monte de xeito ilegal “por aforrar uns cartos”. O delegado do goberno explicou que estas actuacións contan cun orzamento de 12.000 euros, achega coa que a Consellería de Medio Ambiente colabora co Concello de Redondela para a eliminación dos residuos e a recuperación do entorno. O obxectivo destes programas é facilitar aos concellos o cumprimento das súas competencias en materia de residuos urbano. Perséguese, por unha banda, reverter a degradación ambiental ocasionada polos vertidos e, por outra, promover a correcta xestión dos residuos, mediante a súa reciclaxe e tratamento.

Miguel Álvarez concelleiro de Medio Ambiente
Os vertedoiros atópanse en diferentes puntos do municipio e van desde electrodomésticos ata cascallos de obra ou mobiliario.
Concienciación da cidadanía
Os veciños están cada vez máis concienciados e alertan da presenza dos residuos.
Ignacio López-Chaves delegado da Xunta
O programa da Xunta conta cun orzamento de 12.000 euros para eliminar estes puntos de vertidos incontrolados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará