Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A biblioteca organiza un obradoiro con papel reciclado para participar no Artelixo

RR_Noticias

A actividade desenvolverase ao longo de tres xoves, os días 15 e 22 de marzo e o 5 de abril en horario de tarde a partir das 17:00 horas na biblioteca de Chapela. Un taller aberto a grandes e cativos que busca aprender unha técnica que permite facer pezas artesanais de xeito orixinal, sinxelo e económico. Ademais o produto final será presentado ao certame Artelixo deste ano que se desenvolverá do 15 ao 21 de abril.

Dúas expertas nesta técnica da Asociación Cultural e Social de Chapela serán as encargadas de guiar aos participantes na elaboración dalgunha peza con papel para reciclar da biblioteca. Daráselle así unha segunda vida a revistas e periódicos vellos que serán empregados para deseñar unha peza artesanal e creativa que será presentada ao certame redondelán Arte Lixo. Unha iniciativa enmarcada ademais no programa de actividades que as bibliotecas organizan co gallo de festexar o seu 50 aniversario participando en diferentes eventos culturais do concello. Doutra banda, con este obradoiro os participantes aprenderán unha técnica para facer pezas artesanais moi orixinal, ademais de sinxela e económica.  

Mª José Villar Biblioteca
Unha actividade aberta a grandes e cativos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará