Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pazos segue recortando distancias

RR_Noticias

A vitoria dos de Fran Amoedo en terras lucenses permítelles seguir na loita polo título de Terceira División de fútbol sala. Peor sorte para o Campito, que peredeu ante o Vila de Cee. En fútbol campo moitos partidos foron suspendidos polo temporal, entre eles o Vilalonga-Choco, que non puido disputarse onte.

Fútbol Sala Terceira División
Campito 3-8 Vila de Cee
Os de Chapela non foron quen de deter ao Vila de Cee, que sorprendeu aos anfitrións. Os de Chapela manteñen a décima posición na táboa, e a próxima fin de semana viaxan a terras ourensás para visitar a pista do pechacancelas, o Carballiño.
Polideportivo Casás 3-5 Pazos de Borbén
Os de Fran Amoedo seguen sumando. Neste caso fixérono en terras lucenses, non sen dificultades por mor das importantes baixas. Acadaron o obxectivo na segunda parte acortando distancias ata o 3-5 definitivo. Na próxima xornada telen outro partido clave para seguir loitando polo título. Reciben en Pazos ao Vilalba, 4º do grupo.
Autonómica Sur

Lume Corbatas 3-3 Redondela
Empate para o Redondela na pista do Lume Corbatas, que lles permite non baixar ao pozo da táboa. A próxima xornada reciben a un duro riva, o Baíña F.S., 4º do grupo.
Red Blue Vigo 2015 3-6 Arealonga Construccións Castro
Os de Chapela conseguiron impoñerse a un dos equipo do ecuador da táboa nun partido moi importante para o Arealonga. Na próxima xornada reciben en Chapela ao Gondomar, 15º. O Abetos está un posto por riba do Arealonga, a catro puntos de distancia. Aos de Chapela, que son penúltimos, só lles vale unha vitoria para recortar distancias na loita por saír dos postos de descenso.
Terceira División
Vilalonga-Choco, aprazado polo temporal

Segunda Autonómica

Choco B 0-2 Racing Castrelos
O filial viuse superado polo líder do grupo, un intratable Racing de Castrelos. A expulsión de Samuel, no comezo da segunda parte, foi determinante para o resultado, que deixa ao Choco B na sexta praza. O domingo xogarán no campo do Ribadelouro, equipo da metade baixa da táboa.
Arcade 1-0 Marín
O Arcade mantén o liderado logo do triunfo pola mínima ante o Marín con gol de Nordín. O domingo visitarán o campo do P.Arnelas, 10º na táboa.
Terceira Autonómica

Chapela -Peña Beretes, aprazado polo temporal
Na próxima xornada dispútanse os encontros Beretes-Moledo, cos dous equipos na parte baixa da táboa, e o San Roque-Chapela. Os de Chapela defenderán a 4ª praza no campo do equipo vigués, situado na metade baixa da clasificación.
Vilar 3-2 Arenas Alcabre
Juani cun gol, e Juanjo con dous, un deles de penalti, déronlle o triunfo aos redondeláns, que seguen na parte alta da táboa, agora o Vilar é 3º. O domingo visitan o campo do Sampaio, da parte baixa.
Santomé 1-1 Cesantes
Reparto de puntos que deixa ao Cesantes na 4ª praza. O domingo xogan na casa ante o Estrella Dorada, situado na 11ª praza do grupo.
Soutomaior, xornada de descanso. O de Soutomaior, que son 5º na táboa, xogarán no campo do Atl. Estación, 3º. Os anfitrións suman seis puntos máis, malia que hai que ter en conta que o Soutomaior leva unha xornada menos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará