Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fin de semana para esquecer no balonmán local

RR_Noticias

Na División de Honra prata feminina a SAR Rodavigo tiña un duro rival esta fin de semana. Xogaba contra un dos equipos fortes da categoría, o Cleba León e perdía por 30-24 nun encontro no que os anfitrións sempre foron superiores. O Carballal tamén se levou os puntos en xogo no pavillón do Chapela (23-27). Complícaselle así a vida ao Cíes obra Civil que queda a dous puntos dos postos de descenso. Mesma sorte correron os equipos que militan na Nacional masculina, con derrotas para Construcciones Castro Chapela e SAR Plastic Omnium.

A SAR Rodavigo mantense na cuarta posición e no vindeiro sábado reciben no pavillón municipal de Redondela a un equipo moi necesitado de puntos, o Palencia Turismo, antepenúltimo no grupo. O Chapela tentará remontar a súa complicada situación na súa visita ao campo do Siero Deportivo, sétimos na clasificación.
Primeira nacional Masculina
Pola mínima caía a SAR Plastic Omnium ante o Luceros. Logo dunha primeira parte moi igualada, no segundo tempo os visitantes lograban unha renda de cinco goles que parecía definitiva. Con todo, os xogadores da SAR lograron remontar e colocarse a tan só un tanto dediferencia. Ao remate o marcador deixaba un resultado de 24-25 que deixa a SAR en postos de descenso, son penúltimos con tan só 10 puntos . Na vindeira semana xogan cos pontevedreses do Teucro.
Tamén derrota para o Construcciones Castro que visitaban Lalín e caían por 34-26. Os de Chapela son quintos e na vindeira semana reciben ao Camariñas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará