Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR faise co encontro ante o Magope nun partido con 84 goles

RR_Noticias

Na División de Honra Prata Feminina a SAR Rodavigo foi claramente superior ao seu rival, o Magope Seis do Nadal que se afunde como pechacancelas do grupo. As de Redondela logran con esta vitoria (36-48) manterse nos postos altos da categoría, son cuartas empatadas a puntos coas terceiras. Esta foi a única alegría dos afeccionados ao balonmán local porque o restos dos partidos cóntanse por derrotas. O Cíes Obra Civil chapela caía 16-27 ante o Lanzarote Puerto del Carmen e na categoría masculina o Chapela Rodosa perdía 24-35 ante o Calvo Xiria. O encontro entre o Seis do Nadal e a SAR remataba co resultado de 22-18.

Un partido o disputado entre as mozas da SAR e o Magope que estivo marcado por ataques moi rápidos e que a SAR deixaba xa sentenciado na primeira parte chegando ao descanso cun contundente 14-26. Distancia que mantivo ata o final nun encontro que rematou co resultado de 36-48.
Pola súa banda, as de Chapela, malia xogar na casa, nada puideron facer ante un dos grandes da categoría. Recibían as segundas clasificadas, o Lanzaronte Puerto del Carmen, equipo que está a loitar por ascender a División de Honra e perdían o partido por 16-27.
O Cíes obra Civil Chapela é cuarto pola cola, situación que tentarán mellorar na vindeira semana a costa do último clasificado. Xogan no campo do Magope. A SAR pola súa banda recibe no pavillón Municipal da Marisma ao sexto do grupo, o Siero Deportivo.
E derrota dobre na Primeira Nacional masculina. Tanto o Chapela Rodosa como a SAR caían nas súas respectivas citas. Os primeiros ante o Calvo Xiria nun partido que rematou co resultado de 24-35, a SAR tamén deixaba os puntos na casa do Seis do Nadal ao perder por 22-18. Será precisamente o Seis do Nadal o rival do Chapela na vindeira xornada mentres que a SAR , cada vez máis afundido na clasificación, son terceiros pola cola con tan só 10 puntos no seu haber, xogan no campo do líder, o Atlético Novás.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará