Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Biblioteca inicia unha campaña online para conmemorar o seu 50 aniversario

RR_Noticias

A Biblioteca de Redondela cumpre medio século e vaino celebrar con diferentes actividades ao longo do ano. A primeira delas xa está en marcha baixo o candelo #eubibliotecasredondela50 e serve para conmemorar este aniversario e dar a coñecer o novo carné da biblioteca.

As Bibliotecas de Redondela cumpren o seu cincuenta aniversario neste 2018, xa que en setembro de 1968 abriu as súas portas a Biblioteca P. M. Valle-Inclán nos baixos do Concello. Todo un ciclo vital que desemboca nas celebracións deste ano. Para esta efeméride creouse un logo conmemorativo, realizado por Redemprega, no que a “mascota”das bibliotecas de Redondela, Leolo, que cumpre dez anos tamén neste 2018, é protagonista. Ao longo do ano levaranse a cabo diversos eventos. O primeiro deles, unha divertida iniciativa que, ao mesmo tempo que conmemora o aniversario, quere visibilizar o novo carné da biblioteca, o carné único da Rede de Bibliotecas de Galicia. Para iso desde as bibliotecas pídennos que subamos unha fotografía ás nosas redes sociais: Instagram ou Facebook, onde mostremos este novo carné, etiquetando a imaxe co cancelo #eubibliotecasredondela50. Pero tamén podemos fotografarnos cos carnés antigos, como homenaxe a todos estes 50 anos de servizo das bibliotecas municipais.  

Mª Elena Becerra Biblioteca Redondela
Campaña online co cancelo #eubibliotecasredondela50

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará