Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un derbi para a SAR

RR_Noticias

As mozas da SAR Rodavigo foron superiores no derbi disputado o pasado sábado no pavillón de Redondela. Unha vitoria por 32-24 ante o Chapela que permite que se manteñan na cuarta praza da categoría. Na primeira nacional o Rodosa Chapela lograba tamén a vitoria afianzándose nos postos altos da táboa mentres que o equipo masculino da SAR caía na casa ante o Bueu.

Partido moi igualado o derbi disputado o pasado sábado en Redondela. Nos primeiros 30 minutos ambos os dous equipos foron en paralelo, chegando incluso a poñerse por diante as de Chapela. Sería na segunda parte do encontro no que a SAR Rodavigo faría valer a súa superioridade adiantándose no marcador ata chegar ao resultado final de 32-24. Máis de 300 persoas asistiron ao derbi que deixa á SAR nunha destacada cuarta posición, empatadas a puntos coas terceiras. Situación que incluso podería mellorar en sete días, xa que o seu rival na vindeira semana será o pechacancelas do grupo. Xogan no pavillón municipal de Coia o sábado ás 16:30 co Magope.
As xogadoras do Cíes Obra Civil Chapela teñen sen embargo unha cita difícil. Reciben o domingo no Pavillón de Chapela ao segundo clasificado, o Lanzarote Puerto del Carmen.
En primeira nacional masculina o Rodosa Chapela facíase coa vitoria na súa visita a Coruña e logra así manterse na quinta praza da categoría. Malia acudir con varias baixas e varios xogadores tocados, os de Chapela foron quen de gañar ao Oar Coruña por 26-30.
Pola contra avultada derrota a que sufriu a SAR no pavillón de Redondela ao caer 20-34 ante o Bueu. Un resultado que afunde aínda máis aos de Redondela, que se atopan nunha complicada terceira praza pola cola.
Na vindeira semana  xogan no campo do Seis do Nadal, décimo clasificado, mentres que o Chapela  recibe ao segundo do grupo, o Calvo Xiria.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará