O presidente da Asociación, Enrique Lago, xunto con alcalde, Javier Bas e outros membros do goberno local, reuníronse co presidente e técnicos da Autoridade Portuaria para tentar avanzar na apertura dun ramal pola costa que comunique directamente a rúa José Fernández, coñecida como Baixada a Pescanova, con saída á altura dos piares da Ponte de Rande e acceso directo a AP-9. Un proxecto que de levarse a cabo daría servizo ás empresas que se atopan no litoral de Chapela e suporía eliminar o tráfico pesado que sufre o casco urbano desta parroquia.
Enrique lago está convencido de que a alternativa é viable e consistiría en abrir un vial dende a zona de Pescanova ata a Ponte de Rande, con acceso directo á AP-9. Esta medida xunto coa desaparición “esperemos que en breve” da peaxe en Rande sería a solución a todos ese tráfico de camións que soporta tanto a zona da Alameda de Chapela como o Alto da Encarnación. “Serviría para dar unha saída ao tráfico das empresas asentadas no litoral e dar unha resposta a todos eses veciños e asociacións de Asociación que desexan que se elimine o paso de camións pola Avenida de Vigo. Unha idea que lle trasladaron aos responsables da Autoridade Portuaria nunha reunión na que “os enxeñeiros alí presentes se comprometeron a analizar a proposta e trasladarnos a súa viabilidade técnica”. Dende o Colectivo empresarios tamén promoven “habilitar un vial cara a Vigo dende a zona costeira de Chapela ata a Riouxa en Teis “sería unha actuación de tan só 100 metros que beneficiaría unha zona que se atopa pouco desenvolvida pero que precisa tmaén da involucración do Concello de Vigo”.