Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello suspende a Queima do Meco que se despraza ao domingo xunto coas comparsas

RR_Noticias

A Concelleira de eventos, Angela Antón, lamenta ter que suspender as actividades previstas para este Martes de Entroido pero os prognósticos de Meteogalicia non deixen outra opción “malia que pola tarde vai chover con menor intensidade a presenza de chuvia impide que poida saír a charanga e tamén que se poida celebrar o espectáculo da queima do meco”. Ante esta situación optaron por desprazar todas esa programación ao domingo 18.

As actividades previstas para a tarde de hoxe terán lugar na tarde do vindeiro domingo. Unha xornada intensa na que se celebrará tanto o desfile de comparsas, cuxa data de celebración tamén se modificou por mor do tempo. Así, as comparsas participantes sairán ás 11:30 dende o Campo da feira para percorrer o casco urbano de Redondela e, xa pola tarde, os cativos terán a súa festa na Praza da Constitución. Será a partir das 16:30 con animación infantil, elaboración de máscaras, maquillaxe de cara, tatuaxes e globoflexia, ata a tradicional Queima do Meco. Un espectáculo que unha vez máis correrá a cargo do grupo Troula Animación  coa representación de SubUmbra, no que os zancudos estarán acompañados de catro personaxes manexando a pirotecnia aos son da música dun percusionista. Previamente, o sábado 17 celebrarse en Chapela o enterro do berete. E hoxe martes a festa continúa, cos eses grupos de xente que se refuxian nos bares e nas carpas para gozar do Entroido malia as fortes precipitacións que nos están a acompañar dende a mañá.    

Angela Antón concelleira de eventos
As previsións de mal tempo obrigan a suspender a queima do meco
Un intenso domingo
O vindeiro día 18 haberá comparss pola mañá e queima do meco pola tarde

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará