Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Catro medallas para o remo redondelán na estrea da temporada de bateis en Vilaxoán

RR_Noticias

Os anfitiróns foron os absolutos dominadores da I Bandeira Confraría de Pescadores de Bateis, celebrada en augas de Vilaxoán, coa presenza de 21 clubs da provincia, entre eles o C.R. Chapela e o Cesantes, con dúas medallas de prata e dúas de bronce, respectivamente.

Un total de 88 equipos e máis de 500 deportistas masculinos e femininos déronse cita na proba organizada polo Club de Remo Vilaxoán. A superioridade dos atletas vilaxoaneses foi abafadora e arrasaron en sete das nove categorías celebradas. E delas as catro regatas femininas leváronas as remeiras de Vilaxoán, moi superiores. Os anfitrións, con 46 puntos, levaron a Bandeira de Honra, e deixaron moi lonxe e en segunda posición ao Club Remo Mecos con 18 puntos e ao terceiro, Amegrove, con 15. Os barcos de Redondela subiron catro veces ao podio. Chapela fíxoo coa segunda posición nas categorías xuvenil feminina e alevín masculina, e Cesantes con bronce nos cadetes e xuvenís masculinos.
O próximo sábado dispútase a segunda regata da temporada, será no Grove, organizada por Amegrove.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará