Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Campaña de Paxaretas contra o sexismo nos disfraces

RR_Noticias

A recén creada Asemblea Feminista Paxaretas de Redondela vén de poñer en marcha a súa primeira campaña co gallo da celebración do Entroido, unha iniciativa que busca denunciar o sexismo e a hipersexualización dos disfraces que se ofertan para mulleres e nenas. Unha campaña nas redes sociais que convida a rachar cos estereotipos.

A través de diferentes imaxes nas que se recollen disfraces femininos poñen o acento nos dirixidos particularmente a nenas de 0 a 12 anos “disfraces sexis infantís” que “explotan a sexualidade das nenas favorecendo a cosificación e a súa representación como obxecto de consumo”.
Unha publicidade e uns disfraces que perpetúan a desigualdade entre homes e mulleres motivo polo que convidan a todos e todas a rachas con eses estereotipos de xénero que discriminan a muller.
Denuncian ademais que se empregue o corpo da muller para vender amosando mulleres practicamente espidas “uns disfraces que teñen como prioridade a sexualización e exposición dos nosos corpos”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará