Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Arcade, lanzado a polo ascenso

RR_Noticias

Logo da goleada sobre o Pontecaldeas, o C.D. Arcade está no máis alto da táboa, empatado a puntos co Caldas. Aproveitarán o parón de liga da próxima fin de semana para disputar o encontro aprazado co Cuntis. Se suman poranse como líderes en solitario.

O 5-1 da pasada xornada sobre o Pontecaldeas, con Antonlín como protagonista, serviulle aos de Soutomaior para afianzarse na parte alta da táboa. O presidente do club, Miguel García, recoñece que o partido se lles puxo pronte “de cara”, e os tres puntos sérvenlle para poñerse líderes cunha xornada menos. Malia que no comezo de temporada o obxectivo era a permanencia, a estas alturas da liga e logo dos bos resultados do equipo, no C.D. Arcade pelexarán polo ascenso. Agora están situados en postos de ascenso directo, xunto co Caldas, tamén cun partido menos disputado. Para García o éxito é dos xogadores e do corpo técnico, que cualifica como un grupo “espectacular”. O sábado disputarán o partido aprazado ante o Cuntis, e o presidente advirte que “non será doado”. No Campo das Canteiras atoparanse cun rival que está a facer as cousas ben, actualmente en postos de promoción, con catro puntos menos que o Arcade. De acadar un resultado positivo, o C.D. Arcade sería aínda máis líder, pendente de que o Caldas recupere tamén o encontro aprazado co Vilaboa. Os bos resultados do equipo están a animar tamén ao público, que está a deixar boas entradas no campo do Salgueirón. O recoñecemento da afección ante a boa marcha do Arcade, compensan á directiva logo do esforzo realizado e as críticas “cando as cousas non van tan ben”. Retoman o calendario de liga o día 18, xogarán en Chan do Vilar, ante o Figueirido, pechacancelas do grupo.

Miguel García presidente
Para o presidente o éxito é dos xogadores e do equipo tecnico. Asegura que é un grupo "espectacular".
Apoio do público
A boa marcha do equipo anima aos afeccionados que deixan moi boas entradas no campo do Salgueirón.
Atl. Cuntis – C.D. Arcade
O sábado xogan o partido aprazado no campo das Canteiras.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará