Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nace o Colectivo Feminista Paxaretas co reto de promover a igualdade

RR_Noticias

Denunciar, visibilizar e loitar contra a desigualdade de xénero e os comportamentos machistas é o obxectivo deste novo colectivo que ven de nacer no noso concello. Para iso teñen previsto poñer en marcha diferentes accións que irán concretando de cara o futuro. Logo do éxito da primeira xuntanza, celebrada o pasado venres coa presenza de medio cento de mulleres, convocan a todas as interesadas a participar dunha nova reunión este mércores día 7 ás 20:30 horas no local Tálamo.

Mudar a desigualdade de xénero que vivimos na sociedade actual é o que motivou a un grupo de mulleres a se xuntar e organizarse. O primeiro paso foi convocar unha reunión para convidar a todas as que quixeran participar a sumarse da iniciativa e foi todo un éxito. “Asistiron máis de 50 mulleres de todas as idades que están dispostas a colaborar no colectivo” segundo explica unha das integrantes da Asemblea, Carolina Sertal. Explica que actualmente non existe ningún colectivo destas características en Redondela “e compre que nos organicemos para denunciar esas situacións de machismo”. Fala Sertal de agresións gravísimas como a violencia de xénero pero tamén os micromachismos “que padecemos día tras día na nosa vida cotiá contra a que temos que loitar”.   Nese camiño teñen xa en mente desenvolver unha programación de actividades con certa periodicidade que incluirán charlas, obradoiros de autodefensa feminista, campañas de sensibilización a través das redes sociais ou intervención na rúa, un club de lecturas feminista, sesión de cinemas ou actuacións musicais e culturais. Como colectivo aberto, todas as interesadas en participar ou colaborar poden contactar a través do correo electrónico paxaretasredondela@gmail.com ou das distintas redes sociais nas que están presentes. E mañá mesmo, mércores día 7, celebran unha nova reunión no pub Tálamo ás 20:30 horas.  

Carolina Sertal Paxaretas
Un colectivo que nace para loitar contra o machismo
Actuar e visibilizar
Porán en marcha un programa de actividades

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará