Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Triunfo para a SAR Plastic Omnium nunha fin de semana de derrotas para o balonmán local

RR_Noticias

Tan só o equipo que milita na primeira nacional masculina logrou facerse coa vitoria logo de vencer 25-15 ao Porriño. Mala xornada para o resto dos equipos de balonmán que deixaron escapar todos os puntos en xogo. Así, o Rodosa Chapela caía ante o Octavio por 26-25 e os dous equipos que militan na División de Honra Prata feminina perdían as súas respectivas citas. O Cíes Chapela ante o Lanzaronte Zanzomas (20-19) e a Sar Rodavigo ante o Xixón (31-29).

O Cíes Obra Civil Chapela deixaba escapar o partido ante o Lanzarote. Tan só un gol de diferenza nun encontro que rematou co resultado de 20-19. As de Chapela ocupan agora a décima praza e xogarán na vindeira semana na casa. Recibirán no pavillón da parroquia o domingo ás 11:30 a un rival moi ben situado, o Xixón, terceiro na clasificación.
Derrota tamén para a Sar Rodavigo (4) que  caía ante o Xixón pro 31-29. Precisamente esta fin de semana o contrincante da Sar serán o Lanzarote Zonzamas que se desprazan a Redondela para xogar o vindeiro sábado día 10 ás 20:30 horas no pavillón da Marisma. As xogadoras da Sar defenderán nese partido a súa cuarta posición.
Primeira nacional masculina
Falamos tamén da vitoria para a SAR Plastic Omnium que se facía esta fin de semana cos puntos en xogo ante o equipo de Porriño. Un enfrontamento na parte baixa da táboa que se disputaba en Redondela e no que a SAR lograba a vitoria por 22-15 ante un rival cada vez máis afundido. Malia comezar perdendo, os de Redondela foron quen de darlle a volta ao marcador e ao descanso gañaban xa por 11-8, distancia que foron ampliando ata chegar aos sete goles de vantaxe que o marcador deixaba no final do partido. Na próxima xornada desprázanse a un campo difícil, o do terceiro clasificado, o Lalín.
Pola súa banda o Rodosa Chapela caía pola mínima, 26-25 ante o Octavio Construcciones Castro.  Con todo, seguen nos postos altos da táboa, son quintos, e na vindeira semana reciben en Chapela a un rival directo, o Lavadores, na sexta praza. Partido que se disputará no pavillón nde Chapela o sábado ás 18:30 horas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará