Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco incorpora a Xian González

RR_Noticias

O futbolista, procedente do Céltiga, chega para cubrir a baixa de Gándara. Por outra banda, o Choco mantén aberta o concurso da campaña de abonados desta tempada. Todos os socios do club que retiraron o seu carnet para o presente curso poden aspirar a gañar unha camiseta de xogo ou unha de porteiro. Para facelo deben adiviñar o número de tempadas que acumula David Cortegoso na entidade. As respostas deben enviarse a chocomedios@gmail.com xunto cos datos do abonado.

Tras unha longa busca, o Choco pechou a incorporación do lateral esquerdo Xian González Rodríguez, un futbolista vigués, que procede do Céltiga. Este xogador incorpórase ó equipo de Marcos Montes para cubrir a baixa de Francisco Gándara, que deixou a formación por motivos laborais o pasado 8 de xaneiro.
Xian formouse no Vigo 2015 de fútbol sala e no Val Miñor de fútbol, de onde marchou tras finalizar a etapa xuvenil ó Pontellas. O xogador, de 20 anos, comezou esta tempada no Céltiga no que acumula dez partidos, seis como titular. O xogador zurdo caracterízase pola súa proxección ofensiva e, de feito, na etapa xuvenil disputou moitos minutos na posición de extremo. “É un futbolista zurdo, con percorrido e con bo golpeo do esférico. Ten proxección”, explicou o adestrador do Choco, Marcos Montes.
Con esta incorporación, o Choco eleva a 19 o número de futbolistas dispoñibles para a segunda volta do campionato en Terceira División. O mercado invernal deixou a saída de Alberto Castiñeira, Gándara e Iago Paz. No capítulo de entradas, regresou Carlos Rodríguez “Caloi” e agora chega Xian González.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará