Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Colón, Pedro Madruga e Maria Vinyals terán o seu espazo no Castelo de Soutomaior

RR_Noticias

O proxecto de musealización do Castelo inclúe dez salas de contido histórico e estará listo en primavera. Así llo adiantou a presidenta de Deputación ao alcalde de Soutomaior nun encontro no que deu a coñecer as actuacións enmarcadas nun proxecto no que a institución está a investir preto de 500.000 euros e que permitirá aos visitantes achegarse a un espazo “moderno, avanzado, vangardista e estamos convencidas que vai atraer a moitísima xente”.

Carmela Silva asegurou que o proxecto de musealización permitirá ao público gozar de “dez salas con moitos recursos de diferente tipoloxía”. A primeira das salas realizará unha análise da importancia histórica do castelo na paisaxe desde a súa orixe.  A continuación, haberá un espazo destinado á importancia da súa situación para o control do territorio así como para explicar a destrución do castelo por parte das revoltas irmandiñas.  A cuarta sala recolle o papel dunha das figuras máis lendaria vencellada ao castelo: a de Pedro Madruga.
Pola súa banda, o proxecto de musealización tamén contempla un espazo destinado ao estudo da fortaleza como centro de poder e á hipótese da orixe galego de Cristóbal Colón. A sétima sala destínase á liñaxe dos Soutomaior e a oitava ao cambio que se produciu en 1870, cando o castelo pasa de fortaleza a palacio residencial.
Tamén haberá un espazo para María Vinyals, no que se repasará a súa vida, a súa relación co castelo e a súa contribución na historia do mesmo. E, xa para rematar, configurarase na última sala un espazo no que se repasarán as reformas arquitectónicas e as transformacións que o castelo sufriu ao longo da historia.
A presidenta tamén adiantou que “o achegamento ao Castelo vaise realizar coas técnicas máis avanzadas dos museos”. Deste xeito, Silva falou de que as salas ofrecerán materiais audiovisuais, recreacións en 3D e un mapping, en concreto na sala de Pedro Madruga, “onde a xente vai poder ver case en primeira persoa durante cinco minutos como van aparecendo as imaxes e a historia deste personaxe”. As salas contarán con “caixas máxicas que sorprenderán moito aos nenos e ás nenas porque cando se afasten da caixa verán unha cousa e cando se acerquen outra”.
Pola súa banda, Reguera amosou a súa satisfacción polos traballos que a Deputación de Pontevedra está a desenvolver no castelo de Soutomaior.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará