Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Millo Verde abre o prazo de presentación de traballos para o XI concurso de Maquetas

RR_Noticias

Un certame que busca ofrecer unha oportunidade a novas propostas musicais, dirixido a grupos independentes sen disco editado por discográficas profesionais. As bandas poden presentar ata o 15 de febreiros as súas maquetas no correo eletrónico concursodemaquetas@gmail.com. Deberán enviar un conxunto de tres cancións en formato mp3.

Do total de maquetas recibidas a asociación seleccionará un total de dous grupos que participarán dunha festa concerto o 24 de marzo que se celebrará no recinto da antiga feira do gando. Será o público asistente a ese concerto o encargado de elixir co seu voto ao gañador desta edición que ademais de facerse co premio económico de 300 euros farase un oco no cartel do XII Festival Alternativo Millo Verde que terá lugar en Redondela os días 7, 8 e 9 de xuño. O segundo clasificado recibirá 100 euros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará