Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

De ruta polo cemiterio dos Eidos

RR_Noticias

O Cemiterio dos Eidos forma parte dos seis percorridos turísticos que a Concellería de Turismo organiza durante as fins de semana. Dar a coñecer a súa arquitectura, historia, o seu valor patrimonial e cultural é un dos obxectivos que levou a incluír esta visita no programa que arrancaba o pasado sábado con éxito de participación e que se prolongará durante os vindeiros meses. Soledad Chayán, guía oficial de turismo de Galicia, é a encargada da actividade que propón tamén coñecer a Redondela medieval e moderna, achegarse á zona da Portela, facer un percorrido nocturno pola vila ou percorrer todo o casco urbano.

A recuperación do Cemiterio dos Eidos pasa necesariamente por acometer o proxecto que prevé o investimento de 285.000 euros para recuperar todos aqueles elementos que ameazan ruína. Con todo a súa posta en valor precisa tamén de iniciativas que dean a coñecer este espazo a veciños e visitantes poñendo o acento en todos eses elementos que fan deste espazo un lugar de interese cultural e patrimonial onde podemos atopar panteóns de grande valor artístico e arquitectónico sen esquecer o valor histórico dun lugar no que nos atopamos cunha foxa común na que foron soterradas 42 persoas republicanas, a tumba do heroe da batalla de Ponte Sampaio John O,Doherty ou o obelisco dedicado a Isidoro Queimaliños. Soledad Chayán é a guía turística que se encargará de achegar a veciños e visitantes todas estas singularidades do cemiterio dos Eidos nunha visitas que teñen a súa cita máis próxima no sábado 27 pero que se repetirán nos vindeiros meses. Para participar destas visitas, completamente de balde, cómpre reservar praza a través do teléfono 667 401 909, xa que hai un número máximo de 25 visitantes por percorrido.  

Teresa París Concelleira de Turismo
Un visita a un espazo singular
Proxecto para a súa recuperación
Investinranse preto de 300.000 euros
Recoñecementos
Un espazos que podería ter recoñecemento europeos
Soledad Chayán guía turística
Fala dos innumerables aspectos a destacar neste espazo
Lugar descoñecido
Os visitantes sorpréndense incluso os que son de Redondela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará