Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rexeitada unha proposta do BNG que demandaba máis medios sanitarios para Soutomaior

RR_Noticias

Os centros de saúde desta localidade padecen dende hai meses longas demoras e lista de agarde debido á carencia de facultativos. Unha situación especialmente grave no caso dos máis cativos, xa que ao non cubrírense as baixas do pediatra, pais e nais teñen que desprazarse cando os seus cativos están enfermos. Ante esta situación o BNG da localidade presentou unha emenda aos orzamentos para esixir máis médicos e unha proposta para que se incremente o persoal “demandas que non foron aprobadas ao votar en contra por terceira ocasión o Partido Popular”.

A petición do BNG de dotar de máis medios sanitarios ao Concello de Soutomaior volveu toparse co veto do PP no Parlamento, onde a portavoz de Sanidade Montse Prado, defendeu incrementar o persoal que atende nos centros de saúde do municipio para dotalos de máis médicos, enfermeiros, auxiliares e pediatras, así como para reclamar que se cubran as baixas, e dar resposta as demandas do goberno local e da veciñanza.
“Este é a terceira ocasión na que o Partido Popular vota en contra de que Soutomaior teña máis médicos, a última vez foi hai escasas semanas cando a pesar da saturación que padecía neses mesmos días o centro de saúde, o PP votou en contra da emenda aos orzamentos presentada polo BNG para esixir máis médicos” explican os nacionalistas.
A reclamación do BNG para dotar de máis recursos sanitarios a Soutomaior ven de vello, con iniciativas parlamentarias desde 2016, “pero onte mesmo neste concello seguían sen pediatra pese a ser un municipio con moitos nenos.  A falta de persoal facultativo afecta aos usuarios e usuarias, porque as e os facultativos teñen os cupos desbordados.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará