Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Falece un home natural de Reboreda por inhalación de gas

RR_Noticias

A vítima, D.M.L., de 38 anos, foi atopado esta mañá sen vida na súa vivenda, na parroquia de Dornelas, en Mos. Segundo os datos do servizo de emerxencia a causa do falecemento puido ser a inhalación de monóxido de carbono por unha fuga nun calefactor.

Ás once desta mañá, unha chamada dun particular ao 112 Galicia alertaba da necesidade de asistencia urxente para unha persoa que parecía estar falecida e tendida na súa cama, nunha vivenda no lugar de Castro, en Dornelas, no concello de Mos. O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxo en alerta aos servizos sanitarios de urxencia. Tras chegar ao domicilio, tan só puideron confirmar o falecemento do home, natural da parroquia de Reboreda e que residía no concello de Mos. Até a vivenda desprazáronse os Bombeiros do Baixo Miño, axentes da Garda Civil e da Policía Local e efectivos de Protección Civil.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará