Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mónica Montes, ANPA Igrexa: “Esiximos que alguén garanta a seguridade dos nosos fillos”

RR_Noticias

Pais e nais do colexio Igrexa concentrábanse hoxe ás portas do centro educativo para denunciar a apertura do terceiro carril da AP-9 ao carón do colexio. A indignación e preocupación é patente entre uns proxenitores que dubidan da efectividade do muro construído por Audasa e Fomento ante un eventual accidente. Ás doce do medio día reuniranse con membros da Xunta, Fomento e Audasa nunha xuntanza na subdelegación do goberno de Pontevedra á que tamén asistirán representantes do Concello. Pendentes do que aconteza hoxe adiantan o seu apoio a manifestación prevista para o vindeiro 26 de xaneiro.

O curso arrancaba na mañá de hoxe no colexio igrexa con preocupación e malestar logo da apertura do terceiro carril da AP-9. Unha das nais afectadas amosaba o seu “cabreo e indignación, porque con esta decisión de abrir o carril sen trasladar aos nenos están xogando coa integridade dos nosos fillos e fillas”. Uns pais e nais que se concentraban ás 8:45 horas de hoxe nunha protesta na que tamén estiveron presentes membros dos grupos da oposición e grupo de goberno. De feito, o propio alcalde, Javier Bas, dirixiuse aos concentrados para trasladarlles o seu apoio e comprometerse a defender os seus intereses na reunión de hoxe. Tamén volveu reiterar que o novo colexio será unha realidade aínda que evitando dar prazos. O malestar é máis que patenten entre os membros da ANPA que insistían en que presionarán a Fomento e Audasa para que tomen medidas que garantan a seguridade dos rapaces “queremos que alguén se responsabilice por escrito do que poida pasar e que o carril se empregue só como carril de aceleración, que é o compromiso que tiñan con nós dende o principio”. Rosana, con dous fillos en educación infantil, amosa tamén a súa preocupación e reclama que se adopten medidas de cara a que se balicen os 150 metros do carril para que sexa realmente un carril de aceleración diminuíndo así o risco do alumado e profesorado que segue no colexio Igrexa.    

Mónica Montes secretaria da Anpa
Lamentan que non hai prazos para a apertura do novo colexio.
Indignación dos pais e nais
Patricia amosaba así o seu malestar pola apertura do terceiro carril da AP-9.
Esixen que se balice o tramo
Nais como Rosana amosaban a súa preocupación e solicitan que o carril sexa só de aceleración.
Garantía de seguridade por escrito
A Anpa solicita que a administración responsable lles dea garantías por escrito de que os alumnos están seguros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará