Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fomento anuncia que investirá 2,8 millóns de euros en pantallas antiruído no tramo da AP-9 en Chapela

RR_Noticias

O presidente do goberno, Mariano Rajoy inaugurará o sábado os novos carrís da AP-9. Será nun acto que se desenvolverá ás 11:30 horas na área da peaxe do Morrazo. Ante a inminente inauguración o Ministerio de Fomento anuncia que investirá 11 millóns de euros en diferentes melloras pendentes de acometer como compensación polos prexuizos que esta obra supón para as parroquias que atravesa, principalmente a de Chapela. Un investimento no que inclúen o custe das reposición de viais, a construción do novo colexio Igrexa e a instalación de pantallas antiruído.

Un informe do Ministerio de Fomento feito público onte valora en máis de 11 millóns de euros as actuacións pendentes no tramo afectado pola ampliación da AP-9. Entre as actuacións recollidas valoran en 2,83 millóns de euros o que van investir na colocación de pantallas antiruído para reducir as molestias que o paso constantes de vehículos supoñen para os residentes nas zonas próximas a autoestrada.
Recollen tamén no documento o investimento previsto para a construción e traslado do colexio Igrexa á finca da Ginaria, cun custe total de 4,6 millóns.
Finalmente detallan que destinarán 3,72 millóns á reposición de viais afectados polas obras para mellorar os camiños de Pasán, Mouriños, a estrada do Torreiro, Fonte Cornido e a ampliación da ponte de Trasmañó.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará