Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bruno deixa 43 litros en Fornelos e sitúa o encoro de Eiras nun 82,8% de ocupación

RR_Noticias

O último temporal do ano, con alerta laranxa na costa, fixo regresar as choivas que deixaron 43 litros en Eiras, e refachos de vento de ata 97,7 quilómetros por hora en Oia. Os barcos que fan o traxecto cara a Cangas e Moaña quedaron pola tarde amarrados a porto debido ao temporal o que deixou sen servizo o transporte de ría. En Redondela non se produciu ningunha incidencia salientable, tan só algún colector arrastrado polo vento. Mantense para hoxe a alerta laranxa na costa galega.

MeteoGalicia activa para hoxe mércores un aviso con alerta laranse en todo o litoral galego pon onde de máis de 7 metros. Mañá xoves a alerta cambiará a amarela pero continuará a inestabilidade.
A peor parte da borrasca Bruno que nos afectou na xornada de onte foi parar á costa, con alerta laranxa e o peche do tráfico de Ría. As consecuencias da borrasca tenden a empeorar coas horas e hoxe a Axencia Estatal de Meteoroloxía advirte de que os ventos poden chegar a superar os 120 quilómetros por hora en zonas de montaña e no litoral.
As choivas permanecerán ata o venres, cando se espera que pola influencia dun anticiclón comecen a remitir. A auga caída é a boa noticia deste novo temporal que garantirá as reservas co incremento do nivel do principal encoro de abastecemento, Eiras, que onte se situaba ao 82,84% de ocupación, despois de estar en alerta por seca. Protección Civil aconsellou precaución nos desprazamentos por estrada  xa que a alerta laranxa mantense ao longo de toda a xornada por ventos fortes e choiva intensa.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará