Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Danos no alumeado e árbores caídas, efectos dun temporal sen incidencias graves en Redondela

RR_Noticias

Un vehículo alcanzado por unha árbore desprendida en Reboreda foi quen levou a peor parte dun temporal que, malia as fortes precipitación e refachos de vento que deixou no noso concello, non produciu ningún dano de gravidade. Outros danos menores afectaron ao alumeado de Nadal e a algún baixo na rúa Pai Crespo no que se colou a auga.

O concelleiro de interior, Arturo González recoñece que a chegada do temporal Ana con fortes precipitacións e ventos que superaron os150km/hora nalgún punto da comunidade, esperábase con certo temor. De feito, tanto a Policía Local como os efectivos de Grumir e Protección Civil estaban mobilizados para dar resposta ás posibles incidencias que se produciran no noso concello. Finalmente as intervencións foron de escasa relevancia: retirada de colectores que o vento moveu á estrada e que interrompían o tráfico, alumeado de Nadal que tamén por mor do vento se desprazou do seu emprazamento orixinal, principalmente na rotonda de Rande, algunha saída de vía sen consecuencias de gravidade para os ocupantes dos vehículos e algún dano menor como consecuencia de tellas ou elementos desprendidos. A peor parte levouna un vehículo ao que lle caeu unha pola enriba na parroquia de Reboreda e algúns turismos estacionados na vía pública en Chapela cuxos parabrisas foron alcanzados por obxectos que saíron voando. No casco vello de Redondela apunta o edil pequenos anegamentos nalgún baixo da rúa Pai Crespo. Durante a xornada de hoxe mantense a alerta laranxa, por unha situación de ventos fortes e chuvias xeralizadas, aínda que de carácter máis débil. A situación reverterá mañá e espérase a chegada dunha nova fronte que deixará chuvias  durante toda a semana pero se a intensidade do temporal de onte.  

Arturo González Edil de interior
Incidencias de escasa gravidade
Arrastre dos montes
Pendente de evaluación

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará