Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Preocupación na Confraría de Cesantes polos efectos do transvasamento do Verdugo

RR_Noticias

O patrón maior de Redondela, Clemente Bastos, amosa a súa preocupación por unha obra “da que non temos datos”. Critica que non existan estudos do impacto que esta actuación podería ter e anuncia que dende a Asociación de mariscadores da Ría, que el preside, non se descarta convocar unha gran manifestación “porque un transvasamento afectaría a toda a ría e a todas as confrarías, non só a de Redondela e Arcade”.

“A nosa preocupación é que ao baixar o río con menos canal de auga iso vai prexudicar ao marisqueo xa que o produto depende para a súa supervivencia do grao de salinidade da auga”. Así o explica Clemente Bastos, patrón maior de Redondela e presidente da Asociación de Mariscadores da Ría quen amosa a súa preocupación por un proxecto que “está a dar pasos moi rápidos, sen un estudo de impacto medio ambiental e sen saber as súas repercusións”. Neste sentido apunta que está en contacto con todas os colectivos do sector e que non descartan a convocatoria dunha gran manifestación “toda a ría ten que estar unida porque nos afectaría a todos”.  

Clemente Bastos confraría Cesantes
Un proxecto que afecta a todos
Gran manifestación
Estudan convocar unha protesta a nivel de toda a ría

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará