Hoxe é Domingo 28 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornada de actividades lúdicas en Soutomaior co gallo do Día Internacional da Discapacidade

RR_Noticias

A Concellería de Educación promove esta xornada que se vai celebrar o sábado 2 na alameda de Talorío en horario de 16 a 18:15 baixo o lema “Capacidade, si moita”. Un programa lúdico no que se inclúen xincanas, obradoiros e contacontos e que busca promover unha educación inclusiva e fomentar a reflexión poñendo énfase nas capacidades.

Trátase dunha xornada sobre a diversidade funcional na que se busca visibilizar as diferentes capacidades das persoas, de sensibilizar sobre importancia de normalizar a vida sen a exposición continua aos prexuízos dos demais e de contribuír na construción en positivo dun presente e futuro inclusivo e igualitario.
Con ese obxectivo organízanse actividades tales como unha xincana que baixo o nome “integrando a través do lúdico” inclúe diferentes estacións nas que haberá xogos potenciadores e estimuladores de todos os sentidos nos que poderá participar todo o mundo así como unha exposición de materiais educativos cos que poder traballar os trastornos do espectro do Autismo e TDAH con dinámicas para comunicar e descubrir con pictogramas.
Organízanse tamén diferentes talleres: un obradoiro debuxando a cegas no que os participantes deberán debuxar a partir de obxectos que tocamos, para logo identificar as formas e os debuxos, creando un xogo de adiviñanza a través da expresión plástica.
Un obradoiro de customización de bolsas con personalidade e un obradoiro co nome “o círculo máxico azul”no que rapaces e rapazas poderán colorear os seus círculos azuis e decorar o resto do debuxo. Despois montarán o círculo máxico e ao facelo xirar, verán como se mide a glicemia. Un xesto que un menor con diabetes debe facer moitas veces no seu día a día.
A xornada complétase cun contacontos ás 17:45 horas a cargo da escritora Isabelle Carrier “O Cazo de Lourenzo”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará