Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Táboas no derbi comarcal e derrota do Campito

RR_Noticias

Talleres ABC e Pazos empataron un partido no que os de Pazos remontaron un 3-0 ata rematar co 4-4 final. O Campito de Chapela encaixou unha contundente derrota na pista do Polideportivo Casas, un rival directo na loita por afastarse da zona baixa da táboa. Na Autonómica Sur derrota para Arealonga e Redondela.

Terceira División
Tallares ABC 4-4 Pazos
Os Talleres ABC IES Coruxo e o Pazos de Borbén repartíronse os puntos no derbi da área de Vigo da Terceira División de fútbol sala, un duelo no que os de Pazos remontaron un 3-0 en contra. A actuación de Luís Carreira, autor de tres tantos nas Roteas, resultou determinante. Os Talleres ABC foi o claro dominador do partido durante a primeira parte, con goles de Gabri, Bruno e Pumu. Con todo, Carreira reduciu distancias no primeiro minuto da continuación e situou ao Pazos de Borbén a un só gol ao asinar o 3-2 no minuto 28. Logo das expulsións de Jonatan Fragueiro e Alexis Rodríguez, os Talleres ABC buscou ampliar a vantaxe e logoruno por medio de Samuel Abalde. Pero o Pazos de Borbén non se rendeu e buscou o empate. Breixo Gutiérrez asinou o 4-3 a algo máis de cinco minutos do final e Luís Carreira erixiuse no gran protagonista do encontro ao marcar o terceiro gol da súa conta particular e o definitivo 4-4 xa no minuto 39. O empate permite ao Pazos de Borbén ser sexto, a tres puntos do conxunto vigués. Na próxima xornada o Pazos recibe ao Rececende, 9º clasificado.
Casas 7-2 Campito
O Campito de Chapela encaixou un contundente 7-2 en casa das Polideportivo Casas, un rival directo na loita por afastarse da zona baixa da táboa. O próximo fin de semana o Campito xoga en Chapela contra o Vilalba. Enfróntanse así o 10º e o 8º da táboa.
Autonómica Sur
Lume 5-1 Arealonga
Os de Chapela perderon cun contundente marcador ante o novo lídera da categoría, e seguen como pechacancelas do grupo. A próxima fin de semana reciben na casa ao Baíña, un dos equipos fortes da táboa, actualmente na 5ª praza.
Valladares 6-3 Redondela
O equipo redondelán plantou cara, por non puido Valladares na súa pista, equipo tamén moi necesitado de puntos para escapar do pozo da táboa. O Redondela F.S pecha a clasificación xunto co Arealonga. A próxima fin de semana reciben ao Mariñamansa, equipo tamén necesitado de puntos para saír da parte baixa da táboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará