Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela e Teis convocan unha concentración para esixir a eliminación da peaxe en Rande

RR_Noticias

A protesta terá lugar ás 19:30 horas do venres nas Torres de Padín en Chapela e ademais de reclamar a gratuidade da peaxe reivindica que se coloquen pantallas acústicas para diminuír o ruído que padecen os veciños destas dúas parroquias. O lugar elixido non é arbitrario, xa que dende as Asociacións de veciños entenden que debería ser alí onde se abrise un acceso que permitise aos condutores acceder a autoestrada.

Un veciño de Redondela que empregue a AP-9 para achegarse a Vigo ten que abonar 0,90 céntimos. Un agravio evidente se o comparamos con calquera condutor que empregue esta autoestrada para ir ao Morrazo, traxecto que dende hai anos é gratuíto para os usuarios. E un agravio aínda maior se temos en conta que esta é a única circunvalación con peaxe en toda Galicia. Este é un dos motivos que leva ás asociación de veciños de Chapela e Teis a convocar mañá unha concentración diante das Torres de Padín ás 19:30 horas. Ter que pagar a peaxe afecta a todos os condutores que empregan este tramo de autoestrada pero conleva tamén que o número de vehículos que se desprazan por estrada sexa moi elevado para evitar ter que pagar ese canon. Con todo, dende a Asociación de Chapela o seu presidente, Marcial Pérez, lembra que non é este o único motivo para mobilizarse e fai fincapé no feito de que Chapela, parroquia que sufre no seu territorio o paso da autoestrada, non se pode beneficiar do seu uso xa que carecen dun acceso a AP-9. Por ese motivo reclaman que se habiliten novas conexións coa apertura dun acceso de entrada e saída nas Torres de Padín. Outras reclamacións dos veciños pasan porque as compromisos de Audasa sexan unha realidade no que se refire á colocación de pantallas acústicas ou asfalto absorbente do ruído “as obras están a piques de rematar, o terceiro carril está practicamente finalizado e sen embargo todas as promesas polo de agora non se concretaron”, explica Marcial Pérez. Neste sentido apunta que o acceso a Trasmañó segue sen a prometida mellora e do novo colexio Igrexa en Cidadelle aínda non está colocada nin a primeira pedra.  

Marcial Pérez Asociación Veciños Chapela
Unha gratuidade que viría eliminar o agravio que padecen os usuarios do tramo entre Vigo e Redondela
Accesos nas Torres de Padín
Abrir unha entrada e saída nese lugar
Ruídos camiños e colexio
Compromisos aínda pendentes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará