Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un proxecto de mellora da accesibilidade une os concellos de Redondela, Soutomaior e Pazos

RR_Noticias

O tres concellos asinaron o convenio de colaboración “Vilas, pobos e cidades para todos” para mellorar a accesibilidade física, sensorial e cognitiva das persoas con diversidade funcional aos edificios municipais. Grazas ao convenio que o tres alcaldes asinaron coa Asociación ASPAVI, durante o próximo ano, técnicos especializados percorrerán e analizarán as distintas dependencias municipais dos concellos adscritos propondo melloras de accesibilidade física e cognitiva para a súa posterior implantación.

Mapas en braille das oficinas de cada concello, mostradores máis baixos para facilitar a atención de persoas con mobilidade reducida ou señalética adaptada a persoas con problemas cognitivos son algunhas das propostas iniciais desta iniciativa que xa se está levando a cabo con éxito noutros municipios da provincia como O Rosal, Tomiño, Oia e Tui.
“Algunhas das nosas propostas entendemos que non poden ser levadas a cabo nestes momentos por diferentes razóns, pero se poden ser tidas en conta para futuras accións. O importante é crear este coñecemento e unha conciencia social sobre el para que logo poida ser utilizado”, afirmou a responsable da Asociación Aspavi, Isabel Lorenzo.
As primeiras inspeccións comezarán nas próximas semanas tras a creación das mesas de traballo para o control de avances da iniciativa.
O proxecto finalizará o segundo trimestre de 2018 coa redacción dun informe no que se avaliará a accesibilidade dos edificios municipais estudados e proporase unha lista de melloras concretas para cada edificio para a súa posterior implantación.
Ao finalizar o acto de firma, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, expresou a súa satisfacción pola gran acollida que está a ter o proxecto entre os concellos da comarca do mesmo xeito que o alcalde de Pazos, Andrés Iglesias. Por último, o alcalde de Redondela, Javier Bas, afirmou que “iniciativas como esta, que fomentan a accesibilidade e a integración de persoas con diversidade funcional, potencian valores como o respecto ou a empatía, valores cos que todos resultamos beneficiados”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará