Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Melloran os accesos á Praia da Punta

RR_Noticias

A eliminación de barreiras arquitectónicas para facilitar o acceso ao areal da Punta en Cesantes foi unha das actuacións realizadas nas últimas semanas nesta Praia cun orzamento de 70.000 euros. A actuación, desenvolvida polas concellerías de Medio Ambiente e Benestar, incluíu a colocación de pasarelas, ramplas, aseos e duchas adaptados ademais de bancos e elementos auxiliares. Unhas obras que incluíron tamén a reposición de varias construcións que se atopaban en mal estado.

Ademais de reparar a pasarela de madeira e as diferentes ramplas de aceso a Praia que se atopaban bastante deteriorados procedeuse a repoñer os dous aseos adaptados que estaban moi danado. Así mesmo, vense de eliminar parte do valado existente, que se substituíu por outro novo de 32 metros, e de características similares ó existente, mais axustado a duna para protexela de forma máis eficaz,
Todos os elementos que se empregaron son removibles e semellantes ós existentes, permitindo a integración respectuosa coa contorna onde se atopan.
Tamén, ao obxecto de facilitar o baño para persoas con mobilidade reducida, o Concello adquiriu unha cadeira anfibia para adulto, con chasis ergonómico para maior accesibilidade e repousapés abatible, brazos con asas e abatibles, tracción con para realizar e rodas con suficiente diámetro para mellorar o seu manexo pola praia.
O orzamento destas actuacións, que estarán incluídas no Plan de Subvencións a Entidades Locais para o Fomento da Accesibilidade e Sinalización dos Recursos Turísticos no Medio Rural, están co-financiadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, é de 70.000€.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará