Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG reclama no Parlamento máis médicos para Soutomaior

RR_Noticias

O BNG de Soutomaior ven de rexistrar no Parlamento Galego unha nova iniciativa para demandar máis médicos para este concello. Medida que entenden imprescindible para atallar as esperas e atrasos que os usuarios da sanidade pública nos centros de Arcade e Soutomairo teñen que padecer constnatemente pola saturacións dos facultativos.

A situación da sanidade pública no concello de Soutomaior está orixinando un profundo malestar tanto entre a veciñanza que padece esperas de varias horas, retrasos nas citas e ausencias constantes no servizo de pediatría, como nos profesionais que teñen que atender ata a 65 pacientes ao día.  Esta situación motivou xa diferentes iniciativas por parte do grupo municipal do BNG, tanto no pleno municipal como ante a propia Xunta. Propostas que foron desoídas por estas administracións e que levou ao bloque de Soutomaior a organizar unha concentración dúas semanas na alameda de Talo Río para demandar melloras para a Sanidade Pública do municipio.
O portavoz municipal do BNG Manu Lourenzo sinalou que “non imos parar ata que os nosos veciños teñan máis médicos e a sanidade pública que merecen. É unha casua xusta como ningunha e rexistramos esta iniciativa para esixir no Parlamento Galego, e onde sexa necesario que se resolva esta situación. Trátase da saúde dos nosos veciños e dos nosos fillos, e con iso non se xoga”
Pola súa banda o deputado do BNG Luís Bará, que acompañou aos concelleiros de Soutomaior ao centro de saúde de Arcade para falar cos veciños e cos médicos, sinalou que defender a sanidade pública é defender a vida das persoas, e ante iso, non podemos aforrar esforzos.
O portavoz do BNG, Manu Lourenzo volveu  tender a man ao alcalde de Soutomaior Agustín Reguera para que se sume a esta demanda da veciñanza.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará