Hoxe é Luns 7 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Bivalvos como galegos”, humor na programación do Outonoteatro

RR_Noticias

Fran Rei e Pedro Brandariz da compañía Os sete magníficos máis un sóbense ao escenario en Redondela para ofrecernos unha comedia na que reflexionan sobre como os galegos nos enfrontamos a certas situacións rutineiras. Prometen gargalladas nunha obra na que o espírito do clown estará moi presente e na que apelarán á colaboración do público. As entradas están xa a venda no Multiúsos da Xunqueira a un prezo de 7€ público en xeral, 3€ entrada reducida.

Bivalvos como galegos é, segundo explica Fran Rei, unha reflexión chea de retranca sobre cómo nos enfrontamos os galegos a certas situacións rutineiras, como poden ser os trámites burocráticos, saír a comprar a prensa un domingo pola mañá ou unha cea romántica nun restaurante demasiado moderno. Un humor moi particular que non sempre é entendido fóra das nosas fronteiras pero que é común aos galegos. Unha obra que recolle unha serie de sketch que ao longo de varios anos estes dous actores-pallasos Pedro Brandariz e Fran Rei, foron realizando diante das cámaras no programa Luar da TVG e que unen para facer unha comedia de hora e media de duración.  

Fran Rei Os sete magníficos
Unha obra cargada de retranca
Improvisación e xogo co público
Durante hora e media achegan o humor ao espectador

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará