Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha exposición fotográfica promociona a Illa coreana de Jeju no Camiño de Santiago

RR_Noticias

Unha serie de imaxes fotográficas permiten ao visitante que accede á Casa da Torre achegarse as exuberantes paisaxes de Jeju, unha pequena illa ao sur de Corea que recibe ao redor de 15 millóns de visitantes anuais e cuxos camiños son empregados polos coreanos para prepararse fisicamente antes de facer o Camiño de Santiago. Esta exposición é unha das actividades de intercambio que Galicia e Corea desenvolven para poñer en valor os seus espazos naturais e promover turisticamente os seus territorios.

A illa máis grande de Corea é un espazo natural de indubidable valor como destino turístico. Un paraíso declarado Patrimonio Natural da Humanidade e Reserva da Biosfera. Unha natureza volcánica que é ademais empregada polos coreanos para adestrarse e prepararse para facer o Camiño de Santiago, un camiño moi popular entre os asiáticos en xeral e os coreanos en particular que se achegan a esta ruta sobre todo no inverno. De feito Corea do Sur, de acordo coas estatísticas da Oficina do Peregrino do pasado ano, ocupa o noveno posto nunha lista de máis de 100 nacionalidades e o primeiro de entre toda as asiáticas. Ademais da comitiva procedente de Jeju, na inauguración da exposición estivo presente a Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro quen salientou que este intercambio serve para dar a coñecer no exterior os camiños que se fan en cada un dos países membros “un xeito de promoción turisticamente o Camiño de Santiago e de poñelo en valor fóra das nosas fronteiras”. Dende o Concello, Carmen Amoedo aplaudía iniciativas coma esta que demostran a importancia que ten Redondela como punto de paso e parada par todos os que fan o Camiño a Santiago “o que supón tamén unha fonte de recursos para o sector servizos”.  

Francisco Singul Xacobeo Galicia
Jiju serve de adestramento para os coreanos que queren facer o Camiño
Elvira Fernández Xacobeo
Unha paisaxes exuberante
Nava Castro directora de Turismo
Un intercambio para poñer en valor os Camiños
Carmén Amoedo Concelleira
Un Camiño por Redondela que se presta para estas exposicións

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará